Novas Ideas. A explotación forestal dende un punto diferente.

Asociados. Contamos con máis de 600 propietarios forestais.

Sostenibilidade. Xestión do monte con criterio económico e ecolóxico.

OPERACION COMERCIAL
 

Foi no 2007 cando Cerdido comezou a exportar madeira, sendo pioneiros en buscar mercados internacionais e tratar directamente co exportador.

O inicio desta operación comercial, produxo grandes beneficios a economía de Cerdido, posto que as talas e transporte atraen cuadrillas de traballadores, empresas e xente de todo tipo que ocupa aloxamentos loscais, come nos mesóns e restaurantes da zoa, repara a súa maquinaria nos talleres do lugar e repostan combustible tamén nas estacións de servizo do entorno. Todos estos beneficios quedan en Cerdido e son para os veciños de aquí, que poden ser ou non propietarios forestais.

Dende o ano 2007 seguese a xestionar a coordinación das cortas, levando un control da operación comercial dende que un socio pon a madeira do seu monte ata a súa venda.

Nalgúns casos, dependendo das decisións dos propietarios, a Asociación encárgase da reforestación da finca cortada.

        Copyright © 2011  Promacer Cerdido