Novas Ideas. A explotación forestal dende un punto diferente.

Asociados. Contamos con máis de 600 propietarios forestais.

Sostenibilidade. Xestión do monte con criterio económico e ecolóxico.



A Xunta de Galicia no mes de decembro pasado aprobou unha importante disposición que lle permite aos propietarios de montes beneficiarse de desgravacións no Imposto sobre sucesións e doazóns e no de transmisións patrimoniais onerosas e actos xurídicos documentados. A redución da cota do imposto para as operación que afecten aos terreos rústicos é do 100%. Quere isto dicir que se exime dos citados impostos as vendas de montes ou terreos forestais así como as transmisións que teñan a cualificación de solo rústico (terreos agrícolas e forestais que non se vexan afectados por ningunha das excepcións que contempla a lei). Por outra parte, tamén se modificou o Imposto sobre sucesións e doazóns, de maneira que as transmisións hereditarias de propiedades forestais teñen unha desgravación do 100% da cota do imposto para aquelas transmisións que non superen 400.000 euros”

        Copyright © 2011  Promacer Cerdido