Novas Ideas. A explotación forestal dende un punto diferente.

Asociados. Contamos con máis de 600 propietarios forestais.

Sostenibilidade. Xestión do monte con criterio económico e ecolóxico.

LABORES DE VIXIANCIA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
 


O gran reto desta asociación foi no ano 2006, cando as vagas de lumes estaban no seu punto máis álxido.

Promacer retomou as vixiancias que xa se facían hai 30 anos. Daquela había outros métodos pero o fin era o mesmo "ACABAR COS INCENDIOS FORESTAIS".

Estas gardas están protagonizadas polos vecinos de Cerdido, tanto propietarios como non propietarios forestais, e implicanse persoas de tódalas idades dende xoves ata maiores.

Esta agrupación consta con máis de 200 veciños, dos cales un grupo de 25 persoas participaron no curso de formación e seguridade (teórico-práctico) na extinción de incendios. Estes son os encargados de coordinar, en caso de incendio ó resto da xente, ata a chegada de persoal cualificado para a extinción.

A agrupación veciñal de vixiancia forestal de Cerdido foi recoñecida como a agrupación máis numerosa, mellor xestionada e máis cualificada de toda Galicia.

        Copyright © 2011  Promacer Cerdido