A Asociación de Productores de Madeira de Cerdido nace o 20 de maio de 2006.
É unha asociación sen ánimo de lucro e apolítica froito da unión dos vecinos de
Cerdido ante a gravísima crise que estaba padecendo o sector forestal (caída de
prezos e da demanda de madeira, incendios forestais, etc), todo isto agravado
polas particularidades do monte en Cerdido (pequenas propiedades,
individualismo, escaseza de vías forestais e zonas de carga, xestión inadecuada
do monte e dos ciclos de produción excesivamente longos, etc).
Todo isto trae consigo unha profunda reestructuración e adecuación dos sistemas
productivos e comerciais existentes ata esa data para adaptalos a unha nova
realidade.
Baixo este plantexamento a Asociación leva desenrolando a súa actividade en
todos estes frontes anteriormente descritos cunha intensidade, dedicación e
ilusión moi importantes.
Na actualidade Promacer conta con máis de 600 propietarios forestais.
Pode contactar con nós no seguinte enderezo:
Lugar Felgosas, nº 23. 15569 A Barqueira, Cerdido, A Coruña.
Email: promacer@promacer.org - Tfno: 981 411 398
Contamos con máis de 600 asociados forestais.
A explotación forestal dende un punto diferente.
Xestión con criterio económico e ecolóxico.