Novas Ideas. A explotación forestal dende un punto diferente.

Asociados. Contamos con máis de 600 propietarios forestais.

Sostenibilidade. Xestión do monte con criterio económico e ecolóxico.

INFRAESTRUCTURAS
 

Logo de ano e medio de traballo conseguíronse a apertura de 4 pistas forestais nas zonas máis desfavorecidas do Concello. Estas teñen carácter de cortalumes ademáis de vías de saca.

Outra actividade levada a cabo nestes dous anos pola Asociación foi a posta a punto e control do estado dos puntos de auga, puntos de almacenamento de auga para abastecer cisternas e motobombas en caso de incendios.

Tamén se construiu no ano 2007, unha torre de vixilancia contra incendios. Está ubicada no Coto da Ameneira, un dos puntos máis altos do Concello, dende onde se divisa unha gran parte deste. Tendo contacto visual con outros puntos de vixilancia estática da comarca.

Esta torre é froito da insistencia da súa necesidade por parte de PROMACER, a colaboración dun socio e veciño de Cerdido, que cedeu o terreo necesario para a súa construcción, e tamén do Concello de Cerdido.

        Copyright © 2011  Promacer Cerdido